A spin-off da USC desenvolverá novos medicamentos contra cancros agresivos

Libera Bio fai uso da plataforma patentada MPN Technology para "dar un paso máis na utilización de medicamentos biolóxicos no tratamento personalizado do cancro".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2020 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

A nova spin-off da USC, 'Libera Bio', centrará a súa actividade no desenvolvemento de novos medicamentos biolóxicos anticanceríxenos baseados en nanotecnoloxía, que permitan tratar de forma personalizada os tumores agresivos.

Segundo informou a USC, Libera Bio é unha compañía biofarmacéutica xurdida do laboratorio da profesora María José Alonso, onde se desenvolveu unha solución nanotecnológica disruptiva para o tratamento de cancros agresivos e de elevada incidencia a nivel mundial, despois de moitos anos de investigación.

Alonso é unha das socias fundadoras da empresa, xunto a Olivier Jarry, asesor de negocio, Desirée Teijeiro, responsable de valorización de I+D, e a propia USC.

Libera Bio fai uso da plataforma patentada MPN Technology para "dar un paso máis na utilización de medicamentos biolóxicos no tratamento personalizado do cancro", a liberación de anticorpos monoclonais a nivel intracelular, en células tumorales e metastásicas, para tratar dianas ata o momento "inabordables farmacoloxicamente".

Este é o caso particular da 'oncoproteína KRAS', que se atopa mutada en case o 100% dos cancros de páncreas e nun 25-30% dos carcinomas de pulmón, e na que Libera Bio está a centrar actualmente os seus esforzos de desenvolvemento.

Traballo nun laboratorio. INSTITUTO DE COORDENADAS
Traballo nun laboratorio. INSTITUTO DE COORDENADAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta