Caídas históricas dun 99% nas viaxes en avións e dun 90% nas de bus urbano en abril

A situación de confinamento polo coronavirus provocou esta insólita situación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2020 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Galicia só rexistrou 549.000 viaxeiros de bus urbano en abril, o que supón un descenso histórico do 89,5% respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

No Estado, o transporte urbano por autobús suspendeuse nalgunhas cidades e noutras ofreceuse de forma gratuíta debido a este mes de confinamento durante o estado de alarma. Este diferente comportamento viuse reflectido nas taxas anuais por comunidades autónomas. A media de caída en España é do 91,5%, lixeiramente superior ao esborralle en Galicia, que ten a terceiro menor diminución, despois de Asturias (-85,4%) e Canarias (-87,3%).

No que vai de ano, entre xaneiro e abril, o retroceso do uso do bus urbano en Galicia é do 32,7% debido ao impacto do coronavirus.

AS VIAXES EN AVIÓN CAEN UN 99% EN ESPAÑA

En todo o país, o número de viaxeiros que optou por viaxar en avión para desprazarse polo interior do país afundiuse un 99% en abril respecto ao mesmo mes do ano anterior.

En concreto, trátase do seu maior descenso desde o inicio da serie, en 1996, tras decretarse o estado de alarma pola crise sanitaria e limitarse a libre circulación das persoas.

En total, 37.000 viaxeiros usaron o avión para os seus desprazamentos en abril, mínimo tamén da serie.

Autobús urbano en Santiago durante o estado de alarma. Bus, covid
Autobús urbano en Santiago durante o estado de alarma. Bus, covid | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta