A compravenda de vivendas esborrállase un 35% en abril en Galicia

A transmisión de leiras baixa un 41%

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2020 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a compravenda dun total de 910 vivendas en abril, o que supón un esborralle do 35,2% respecto ao mesmo mes de 2019 debido ao impacto do coronavirus, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este retroceso é inferior ao 39,2% de caída media que se produce no Estado. País Vasco conta co menor descenso (-20,8%) e Navarra co máis acusado (-66,8%). Supón o segundo mes consecutivo de baixada interanual na Comunidade. Son 42 compravendas as que se producen en Galicia por cada 100.000 habitantes, a cifra máis baixa de España.

Das 910 operacións de abril, 873 son de vivenda libre e 37 de protexida. A maioría son de segunda man (705), mentres 205 son novas.

LEIRAS

Por outra banda, transmitíronse 4.900 leiras en Galicia en abril, o que se traduce nun afundimento do 41%. Tamén é menor do descenso do 48,8% en España. O cociente por cada 100.000 habitantes foi de 224, menor que as 236 de media.

Do total, 1.912 foron transmisións en leiras rústicas (343 por herdanza, 228 por compravenda, 25 mediante doazón, 16 por permuta e 1.300 operacións doutra clase) e 2.988 urbanas (das que 1.686 foron vivendas, 124 solares e 1.178 doutro tipo).

As leiras urbanas transmitíronse a través de 2.350 compravendas, 936 herdanzas, 37 doazóns, 7 permutas e 1.301 operacións distintas. En canto ás vivendas en concreto, con 1.686 transmitidas, correspondéronse coas 910 compravendas, 303 herdanzas, 18 doazóns, catro permutas e 451 operacións no apartado doutros.

Compravenda de vivendas en Galicia. EPDATA
Compravenda de vivendas en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta