A COVID segue baixando aínda que de xeito moi ralentizado con só 11 casos menos este mércores

As persoas curadas son xa 10.356 logo de rexistrar 18 recuperacións nas últimas 24 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2020 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

Galicia segue a expulsar á COVID. Nas últimas 24 horas, o número de casos activos descendeu noutros 11 e sitúase en 465, mentres que as persoas curadas aumentaron ata as 10.356, o que supón 18 máis que o mércores.

Así se desprende dos datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, nos que se indica que do total de pacientes positivos só 11 permanecen en unidades de hospitalización --un máis que o mércores-- e 454 en seguimento domiciliario --12 menos--. As UCI seguen libres de pacientes con COVID.

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. SERGAS - Arquivo
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. SERGAS - Arquivo

VIGO, POR DIANTE

Dos 465 casos positivos en Galicia, 184 corresponde á área de Vigo --cinco menos que o mércores--; 105 ao da Coruña --catro máis--; 92 á de Santiago --cinco menos--; 31 á de Ourense --tres menos--; 29 á de Lugo --dúas menos--. Só as áreas sanitarias de Ferrol e Pontevedra -con 13 e 11 positivos, respectivamente- manifestan un estancamento nos datos de onte. 

Ata a data, en Galicia rexistráronse 619 mortes por COVID tralo falecemento no día de onte rdun home de 83 anos que se atopaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. 

O número de PCR realizadas ascende a 155.048, fronte ás 153.606 contabilizadas este mércores na Comunidade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta