Pontón acusa a Feijóo de querer ser "o listo da clase" sen ter preparado o fin do estado de alarma

A portavoz nacional do BNG critica o anuncio do presidente da Xunta de que Galicia volverá á total normalidade o vindeiro luns.

Por E.P. | Lugo | 11/06/2020 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de querer quedar como "o listo da clase" co anuncio de que Galicia prevé saír do estado de alarma o vindeiro luns, pero preparar o fin da desescalada con "protocolos" para iso.

Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: BNG.

Nun acto de presentación da candidatura pola provincia de Lugo, Pontón lembrou que a Covid-19 chegou "para pór patas para arriba as nosas vidas" e, desde hai tres meses, "cambiaron moitas cousas", tras vivir unha "situación inédita como é unha pandemia, con custos moi altos" no ámbito sanitario, social e económico. Que agora, dixo, "requiren o máximo rigor e responsabilidade, tamén por parte da Xunta".

Por iso, advertiu de que "non é unha carreira na que o máis importante é chegar primeiro, senón ben". "Non se trata de chegar máis rápido, ou como di o refrán 'non por máis correr chégase máis pronto'", advertiu a dirixente nacionalista, quen acusou o Goberno de Feijóo dunha "total improvisación sen ter os deberes feitos, sen un protocolo claro para a cidadanía de como actuar e que facer a partir de agora".

"Que sentido ten anunciar o fin do estado de alarma, sen protocolo?", sinalou Pontón, quen asegurou que Feijóo "está a caer na mesma improvisación que criticou ao Goberno central".

Neste sentido, preguntouse "que vai pasar coas escolas infantís, co inicio de curso, cos aforamentos públicos e privados, cos centros de día", entre outras cuestións, unha vez que se levante o estado de alarma, unha cuestión que "preocupa a miles de persoas neste país".

Son "cuestións" que, dixo, "o candidato do PP tiña que aclarar antes de facer anuncios de autobombo para quedar como o listo da clase". Por iso, instou a ser "responsable" nunha "cuestión tan seria como unha desescalada dunha pandemia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta