A Xunta activará un cartón moedeiro para que familias vulnerables compren alimentos con entre 450 e 900 euros

O Consello da Xunta aprobará este venres a posta en marcha desta medida.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/06/2020 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobará este venres a posta en marcha dun cartón moedeiro para que as familias vulnerables poidan comprar alimentos con entre 450 e 900 euros segundo a carga familiar.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García | Fonte: Xunta.

Así o avanzou este xoves o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que explicou que esta axuda se incluirá nun plan social ao que a Xunta dará luz verde este venres co obxectivo de facer fronte á crise social derivada do coronavirus.

Feijóo detallou que, con este cartón moedeiro que se prevé que estea activo este mesmo mes de xuño, a Administración espera beneficiar a unhas 30.000 persoas en Galicia para que poidan facer fronte ao pago de alimentos.

"Un cartón moedeiro que tenta non estigmatizar as persoas que a reciban", manifestou Feijóo, que sinalou que esta medida permitirá axudar a moitas familias mentres a renda mínima vital "non se active a todos os colectivos que a necesiten".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta