Os locais de lecer nocturno de Galicia poderán abrir terrazas antes do 1 de xullo

O aforamento máximo que se permitirá unha vez se decrete a reapertura é o foco principal de discusión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2020 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

Os locais de lecer nocturno poderán abrir as súas terrazas antes do 1 de xullo, data na que está previsto que a Xunta levante a prohibición e permita o uso do interior de discotecas e salas, onde será obrigatorio o uso de máscara.

Así o acordaron na reunión mantida este xoves entre o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e representantes do sector, entre os que figuraron o presidente da Asociación Galicia de Noite, Luís Diz, e o presidente de Fesdiga, Samuel Pousada.

Ambas as partes coinciden en que o obxectivo é lograr "consensos" para a reactivación do sector despois de tres meses pechados e que, cando se produza a reapetura (que a Xunta atrasou ao 1 de xullo esta semana), esta déase "coas máximas condicións de seguridade, garantindo que acudir a calquera local de lecer en Galicia sexa absolutamente seguro".

Así o indicou ao termo do encontro o vicepresidente autonómico, que agradeceu a comprensión dos empresarios coa decisión de aprazar a reapertura dos locais.

Tamén agradeceu a actitude da Xunta o presidente de Galicia de Noite, que en declaracións a Europa Press manifestou a súa satisfacción por atopar unha administración que "comprende" a "delicada" situación dos negocios e que está "disposta a dialogar" para atopar unha solución.

As partes convocáronse para volver reunirse a próxima semana decara a avanzar na forma na que volverán salas e discotecas. O aforamento máximo que se permitirá unha vez se decrete a reapertura é o foco principal de discusión.

Mocidade nunha discoteca
Mocidade nunha discoteca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta