Onde están as novas farmacias da Xunta? Máis da metade van para A Coruña

O goberno de Feijóo gábase de facer un reparto "con énfase no rural" pero destina menos do 50% das adxudicacións ó agro.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2020 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O DOG publica hoxe a listaxe de novas farmacias adxudicadas pola Xunta. Esta ampliación, por 41 novos centros, suma xa un total de 1386 oficinas repartidas ao longo do territorio, a maior parte delas, case o 45%, nas cidades.

Farmacia. FLICKR - Arquivo
Farmacia. FLICKR - Arquivo

Precisamente, o anuncio das novas adxudicacións vai acompañado por unha nota que destaca o "énfase" no rural da Xunta á hora de decidir este reparto. Os números, con todo, indican que os concellos "non urbanos" tan só recibirán 20 das licencias concedidas, é dicir, menos da metade da conta total. As restantes 21 irán parar a cidades e zonas semiurbanas

A MAIORÍA, NA CORUÑA

De xeito paralelo, a provincia da Coruña volveu a ser a máis gratificada polo reparto da Xunta, e suma xa 572 centros (o 41% do total), moi por diante do resto de provincias. A rexión con menor distribución foi Lugo, que tan só recibiu 4 adxudicacións, seguido das 5 de Ourense e as 9 da provincia de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta