Detido un home en plena acción tentando esnaquizar un radar fixo en Ferrol

O sospeitoso ía acompañado doutro encapuchado que logrou fuxir.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2020 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Ferrol detiveron a madrugada deste venres a un home que, supostamente en compañía doutro, tratou de esnaquizar un radar fixo situado na estrada FE-15, nas proximidades do Estadio da Malata desta cidade.

Segundo informaron fontes policiais, sobre as 00,20 horas deste venres, 12 de xuño, recibiuse un aviso na central telefónica de que había dous encapuchados subidos á mediana da vía na zona onde está situado o radar. Os homes trataban de esnaquizar o dispostivo ante un vehículo estacionado coas luces apagadas.

De inmediato presentouse na zona unha patrulla da Policía Local e os homes, ao verse sorprendidos, fuxiron no vehículo. Os axentes lograron deter a un deles, ao que se lle interveu un desparafusador e un pasamontañas.

As accións foron denunciadas perante unha Comisaria da Policía Nacional.

Radar Fixo
Radar Fixo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta