O Goberno central avanza que Galicia entrará na nova normalidade o vindeiro luns abandonando a desescalada

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 12/06/2020 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O Goberno aceptou a solicitude de Galicia de abandonar de forma anticipada a fase 3 do plan de desescalada, polo que o vindeiro luns entrará no que se denominou a nova normalidade, tal e como informou o ministro de Sanidade, Salvador Illa. Isto convértea na primeira comunidade que abandona o estado de alarma, declarado o 14 de marzo e que seguirá en vigor ata o 21 de xuño.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa.. Moncloa
O ministro de Sanidade, Salvador Illa.. Moncloa

TRES DE CADA CATRO PERSOAS EN FASE 3

Illa explicou que 10 millóns de cidadáns se suman á fase 3 e serán xa 34 millóns en total, tres de cada catro. "A epidemia está a evolucionar ben, pero hai que manter a prudencia e ter un comportamento individual exemplar e respectando os consellos das autoridades sanitarias", engadiu o ministro.

A partir do 21 de xuño as únicas ordes sanitarias que rexerán serán as do real decreto sobre nova normalidade aprobado. O ministro recalcou que a partir dese día os cidadáns poderán moverse libremente por todo o territorio estatal. Engadiu que as comunidades autónomas poderán tomar decisións de saúde pública segundo as súas competencias.

MOBILIDADE

A partir do domingo 21 de xuño poderase circular con liberdade por todo o estado ao decaer o estado de alarma, independentemente de que para entón poida haber zonas como a Comunidade de Madrid, a área metropolitana de Barcelona ou provincias castelán-leonesas que non culminasen todas as fases do plan de desescalada.

Illa, acompañado do doutor Fernando Simón, explicou que sen o instrumento do estado de alarma non é posible restrinxir de maneira xeral un dereito fundamental como o estado de alarma que demostrou a súa eficacia e que o Executivo volverá utilizar se é preciso.

Sen o estado de alarma, Simón explicou que a lexislación actual só permite proceder a confinamentos "cirúrxicos" da poboación, como pode ser limitando os movementos de grupos de persoas determinadas que estivesen en contacto con algún infectado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Sentidiño

In de pen den cia ! In de pen den cia ! In de pen den cia ! In de pen den cia !

2 Xavolve

O frijol quere pór a andar a maquinaria electoral de curas, monxas e carretaxes xa mesmo, non vaia ser...

1 DonPimpón

Significa que non poderá entrar ninguén do resto de España en Galiza? suponse que os de fases anteriores non poden entrar en fases máis avanzadas. Sanchez xa investigou moito aos madrileños que xa están aquí?