Feijóo insiste en pedir protocolos ao Goberno central para controlar a chegada de madrileños ou cataláns

O presidente pregúntase que pasará con zonas de España en fases máis atrasadas cando se levante a alarma e reitera: hai que adecuar a lexislación sanitaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2020 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insistiu en que, baixo o seu punto de vista, só debe haber mobilidade entre territorios en igual situación epidemiolóxica, á vez que se preguntou que ocorrerá con aquelas zonas do país, como Madrid e Barcelona, que están aínda máis afectadas pola pandemia e en fases máis atrasadas da desescalada unha vez que se levante a alarma, que restrinxe os movementos. Por iso, volveu pedirlle ao Goberno central que sexa o que controle esta situación,a  pesar de que as competencias do turismo en Galicia son da Xunta.

"Eu quero que a xente veña a Galicia e dar a benvida a quen veñan. Que se entenda ben, pero levantar o estado de alarma non significa que poidan vir persoas que non están no seu territorio na mesma situación epidemiolóxica. Isto é perfectamente entendible e compatible coa hospitalidade que quere ofrecer Galicia", esgrimiu, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Feijóo engadiu que tamén cando se abran os aeroportos en España, a partir do 1 de xullo, pedirá que se aplique o mesmo criterio e poidan vir visitantes de países "en igual situación epidemiolóxica que España", non en peores condicións. Pola contra, advertiu que se podería caer outra vez "nun grave problema sanitario".

O presidente galego, quen "comprendeu perfectamente" a decisión de Asturias, foi preguntado acerca de se falou con Castela e León para ver se podería haber mobilidade, unha vez que esta comunidade pasou a fase 3, ao que respondeu que, de acordo coas "instrucións verbais" que o xefe do Executivo estatal, Pedro Sánchez, deu o pasado domingo non se darían as condicións.

"Díxonos que aquelas comunidades en fase 3, sempre se se levantaba o estado de alarma, podían ter comunicación entre si, se se solicitaba ao Goberno de España", explicou, antes de engadir que Castela e León tería que activar o levantamento do estado de alarma para que se puidese reactivar o fluxo entre ambas as comunidades.

ADECUAR A LEXISLACIÓN SANITARIA

Unha vez que Galicia entrará xa o luns na nova normalidade, preguntado acerca de se tería competencias para pechar determinadas zonas ou concellos da Comunidade se fose posible, esgrimiu que o real decreto estatal que regula a nova normalidade non o concreta.

Pero esgrimiu que el si ten competencias para "pechar establecementos de calquera natureza" e insistirá na videoconferencia de presidentes do domingo en que é preciso clarificar que criterios se van a usar se no futuro é preciso pechar municipios, provincias ou mesmo comunidades.

"Seguro que coincidiremos en que é necesario adecuar a lexislación sanitaria para que se poida reducir a lexislación sanitaria en caso de rebrotes", dixo o presidente galego, antes de insistir en que tampouco se sabe "que vai ocorrer" con zonas como Madrid ou Barcelona, que seguen máis afectadas pola pandemia, cando se levante a alarma.

E é que, segundo remarcou, a decisión de que Galicia entre antes en nova normalidade non significa "abrir a comuniade aos que estean nunha situación peor, senón igual". "Sigamos sendo responsables e sigámonos coidando", dixo, antes de esgrimir que esta reflexión é aplicable ao fluxo entre distintos países.

UN PROXECTO PILOTO TURÍSTICO?

Con respecto a ese control que se poderá facer unha vez que se reabran os aeroportos e a distintas medidas que se poderían adoptar como o "pasaporte COVID", explicou que o Goberno central argumentou que son cuestións que se están negociando, no ámbito europeo, entre os países membros da UE.

Neste punto, tamén descartou acometer un proxecto piloto turístico como o de Baleares e esgrimiu que calquera proxecto no ámbito aeroportuario ten que estar "tutelado polo Goberno". "Necesitariamos a cobertura da Administración estatal", apostilou.

Bar, bares, xente, persoas, persoa, turismo en Madrid, turistas, turista
Bar, bares, xente, persoas, persoa, turismo en Madrid, turistas, turista

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta