Ferido un mozo logo de caer co seu vehículo por un barranco en Santiago

Un home sufriu este venres feridas de consideración tras cortarse cunha motosierra en Melide cando cortaba leña na súa casa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2020 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Un mozo resultou ferido na madrugada deste sábado en Santiago de Compostela, despois de que o seu vehículo envorcase tras precipitarse por un barranco duns 15 metros.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 2,30 horas da madrugada na zona da Curuxeira, preto do Eroski de Montouto. Foi un particular o que chamou para alertar de que había un coche envorcado cunha persoa no seu interior no fondo dun barranco.

Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Santiago. Aínda que non tiveron que facer uso do material de excarceración, si foi precisa a súa intervención para sacar á persoa do interior do vehículo.

Así mesmo, tamén se mobilizaron efectivos do GES da Estrada, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de Teo. Unha ambulancia do 061 trasladou ao ferido ata o hospital.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

FERIDO EN MELIDE

Un home sufriu este venres feridas de consideración tras cortarse cunha motoserra en Melide cando cortaba leña na súa casa.

Pouco antes das 19,30 horas da tarde, os servizos de Urxencias Sanitarias-061 informaban ao 112 Galicia da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Indicaban que se dirixían ao momento para evacuar a un home que se cortou cunha motoserra mentres traballaba na súa casa situada na rúa Juan Mera Somoza. Tamén unha ambulancia desprazábase ata o lugar.

Con estes datos, e para prestar apoio á aeronave, que tomou terra preto do domicilio do ferido, o 112 solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil da localidade, que confirmaron o traslado do paciente no helicóptero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta