Soben a 359 os casos por COVID-19, primeiro incremento desde o mes de maio

Así o recollen os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, nos que se sinala que do total de pacientes positivos, sete permanecen en unidades de hospitalización.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2020 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

O número de casos activos de COVID-19 incrementouse en dous este sábado, ata os 359, o primeiro ascenso na Comunidade galega desde o pasado 9 de maio. As persoas curadas aumentaron ata as 10.476, o que supón seis máis que este venres.

Así o recollen os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, nos que se sinala que do total de pacientes positivos, sete permanecen en unidades de hospitalización --un menos que este venres-- e 352 en seguimento domiciliario --tres máis--, mentres a UCI galegas mantéñense sen pacientes con COVID.

Dos 359 casos positivos en Galicia, 147 son da área de Vigo --uno máis que o xoves--; 108 ao da Coruña --tres máis--; 34 á de Santiago --os mesmos--; 28 á de Ourense --os mesmos--; 22 á de Lugo --os mesmos--; 12 á de Ferrol --os mesmos-- e 8 á de Pontevedra --os mesmos--.

Ata a data as persoas curadas na Comunidade galega ascenden a 10.476 e as falecidas con COVID sitúanse en 619, dato que se mantén sen cambios desde a xornada deste xoves.

O número de PCR realizadas ascende a 157.075, fronte ás 156.036 deste venres na Comunidade galega.

Residencia de anciáns San Carlos de Celanova. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo
Residencia de anciáns San Carlos de Celanova. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

RESIDENCIAS

O número de usuarios de residencias de maiores con COVID-19 en Galicia baixou ata o sete persoas, tras rexistrase seis altas nas últimas horas, mentres que os traballadores afectados tamén caen ata sete, dous menos que en último informe das consellerías de Sanidade e Política Social.

Deste xeito, no centro Santa Teresa Jornet da Coruña rexistráronse seis altas, polo que restan outro seis casos de maiores con COVID-19. Pola súa banda, segue sendo positivo o caso do xeriátrico Caser A Zapateira, segundo os datos actualizados polos centros residenciais.

Mentres, quedan sete traballadores afectados en centros xeriátricos. Deles, tres casos en San José Hermanitas de Ourense, un caso en Santa Teresa Jornet, outro en San Carlos de Celanova, outro en Caser A Zapateira en Culleredo e outro en Remanso Claudina-Somoza.

Con respecto aos centros de atención a persoas con discapacidade, xa non se rexistran positivos entre os usuarios, tras dar de alta ao afectado da residencia DomusVi de Bóveda. Permanecen no rexistro dous traballadores, ambos en Santa María-San Rosendo en Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta