Por que Portugal non abre as fronteiras con Galicia?

Feijóo evita comentar esta medida a pesar de responsabilizar hai uns días ao Goberno de Pedro Sánchez de ser o responsable.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2020 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Portugal non abrirá as fronteiras con Galicia ata o 1 de xullo, a pesar de que o resto de países da UE o farán o vindeiro 21 de xuño. Unha situación que afectará á mobilidade de milleiros de persoas e, especialmente, á reactivación económica das zonas fronteirizas.

Preguntado sobre a negativa do Goberno portugués a abrir a fronteira con Galicia e o resto do estado, Feijóo dixo que non ten "información suficiente" para situarse sobre esta decisión, aínda que Sánchez tampouco lles comunicou aos presidentes "ningunha aclaración" respecto diso. Hai uns días responsabilizaba ao Goberno central de non ser claro na apertura de fronteiras.

Fronteira entre Galicia e Portugal
Fronteira entre Galicia e Portugal | Fonte: Concello de Tui.

"É a Portugal a quen lle corresponde avaliar isto. Portugal funciona de xeito automática con España e é a fronteira máis longa da UE e o tráfico é de miles e miles de automóbiles. E, neste contexto non me corresponde facer valoración por respecto", dixo.

"Hai países europeos cunha taxa de incidencia en últimos 7 e 14 días alta, pero a min non me corresponde facer opinións nin xuízos en relación á política exterior de España relacionada coa pandemia. O único que podo dicir é que hai que ter coidado con isto", dixo.

Así, mostrou as súas reservas en que, "de súpeto, o 21 de xuño se abre todo e que só se informe con 6 días de antelación". Por iso, novamente, volveu pedir unha lei e un protrocolo que regule  a mobilidade porque, dixo, "estamos ante un risco sen cobertura legal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Sentidiño

"- A república de Galiza podería acordar a libre circulación coa república de Portugal" (e nese intre esperta o Resines...)

3 José Manuel

Nom e soamente con Galiza e co resto do Estado español, será cousa do governo central

2 Mlón

Feijoo se apunta os tantos do que vai ben o que non lle convén e culpa dos demáis. E cando non lle fan caso .-" a profe me ten manía"

1 anonimo

Home, eso habría que preguntarllo aos portugueses. ¿Non si ?