Rescatan unha muller en Ordes despois de caer nunha fonte

O helicóptero do 112 en Santiago foi mobilizado para o rescate.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2020 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

Un helicóptero do 112 con base en Santiago tívose que desprazar este domingo a Ordes para atender a unha muller que se atopaba no interior dunha fonte.

O 112 Galicia informou de que un particular chamou ao redor das 12,30 horas para comunicar que había unha muller que estaba viva dentro dunha fonte no lugar de Chan, en Santa Cruz de Montádevos.

Ademais de mobilizar ao helicóptero, informouse e pediu a súa colaboración aos axentes da Garda Civil e da Policía Local para que axudasen na aterraxe da aeronave, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos.

Por outra banda, o helicóptero con base en Ourense saíu ás 13,30 horas para asistir a un home que se caeu dun cabalo na vía pública no lugar de Verducido, no concello pontevedrés da Lama.

Helicóptero- Archivo
Helicóptero- Archivo

ACCIDENTE EN BOQUEIXÓN

Un home de 58 anos faleceu este domingo nun accidente de tractor no concello coruñés de Boqueixón, informou Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O aviso do accidente recibiuse ás 19,20 horas e ao lugar dos feitos enviouse un helicóptero e unha ambulancia asistencial de soporte vital básico. Unha vez alí, os sanitarios atenderon ao home, que faleceu no propio lugar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta