Escrivá vai pechando a porta á xestión autonómica da renda mínima: "debe primar a eficacia do servizo"

O ministro defende o control por parte de Euskadi e Navarra pero evita pronunciarse sobre Cataluña.

Por Europa Press / Redacción | BARCELONA | 15/06/2020 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá vai pechando a porta á xestión por parte das autonomías do Ingreso Mínimo Vital. Nunha entrevista mantida este luns en Cataluyna Ràdio. O ministro, que lembrou que dende este luns xa se poderá solicitar o IMV, afirmou que os resultados de xestión autonómica destas prestacións "non impresionan moito" e defendeu que o criterio que ten que prevaler é o de eficacia e rapidez no servizo, nunha entrevista este luns en Catalunya Ràdio recollida por Europa Press.

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá, durante o pleno celebrado no Congreso, a 10 de xuño de 2020.. Cipriano Pastrano / Pool / Europa Press
O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá, durante o pleno celebrado no Congreso, a 10 de xuño de 2020.. Cipriano Pastrano / Pool / Europa Press

Tras desestimar a concesión dunha xestión demandanda por varias comunidades, entre elas Galicia, o ministro xustificou que País Vasco e Navarra si teñan control sobre a medida de axuda. Escrivá aludiu, neste aspecto, ó réxime foral das dúas comunidades, sinalando que, nestes casos,"o máis eficaz é que se xestione desde alí".

"PORTELO ÚNICO"

No mesmo medio, e segundo recolle Europa Press, o ministro asegurou que Ministerio e CCAA traballarán conxuntamente para avanzar cara "un modelo simplificado de portelo único" para xestionar o IMV as prestacións autonómicas de renda garantida.

Escrivá detallou que o Ministerio xa  recoñeceu "de oficio" a 76.000 fogares como beneficiarios da medida en todo o estado. Por outro lado, cifrou en máis de 4 millóns as persoas que usaron o simulador habilitado polo ministerio para comprobar se serían beneficiarios do IMV.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta