Por E.P. | OURENSE | 15/06/2020 | Actualizada ás 14:13
O conselleiro de Medio Rural, José González, animou ás deputacións a que "sigan o camiño marcado" polo ente provincial de Ourense en colaboración coa Xunta para tarefas de prevención fronte aos incendios.
O conselleiro de Medio Rural, José González, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, supervisaron este luns as tarefas realizadas en Avión neste ámbito.
En declaracións, José González sinalou que asinou un convenio polo cal a Deputación de Ourense pon a súa maquinaria a disposición da Xunta para facer este traballo "tan importante" de cara á tempada de alto risco de incendios, que comeza o 1 de xullo. Así, lembra que os entes provinciais "teñen as súas obrigacións" nesta materia.
Estas actuacións forman parte do plan de prevención de incendios ao que a Xunta destina 30 millóns de euros este ano para a roza de 5.800 quilómetros de pistas forestais en Galicia. Uns traballos que comezaron o mes pasado para a limpeza de 46.000 hectáreas.
No caso dos traballos en Avión, mobilizáronse dous tractores e dúas brigadas de persoal de prevención para unha intervención en 92 quilómetros de pistas forestais e 14 hectáreas de devasas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.