Por E.P. | A CORUÑA | 15/06/2020 | Actualizada ás 18:54
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou o "diálogo" no seu primeiro ano de mandato, tanto con outras administracións como as forzas políticas que integran a corporación coruñesa, fronte ás denuncias de "incumprimentos" e "sombras" na xestión por parte da oposición.
En rolda de prensa, a rexedora destacou, entre outros proxectos, o plan de mobilidade coa implantación da 'Cidade 30'; o carril bici e o aumento das estacións de Bicicoruña ou a ampliación do paseo marítimo co carril para corredores, citou entre outros exemplos. A eles, sumou a tramitación da estación intermodal, pendente da resposta de Adif, e a gratuidade das escolas infantís.
Inés Rey defendeu que están "a cumprir" co "mandato da amabilidade", ofertado na investidura, e engadiu que iso permitiu avanzar en áreas como infraestruturas e servizos. Tamén destacou o talante da oposición, á vez que recalcou que o goberno local actuou "en beneficio da cidadanía".
POSICIONAMENTO DA OPOSICIÓN
Pola súa banda, o portavoz do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, destacou "entre as luces" o diálogo, pero citou "entre as sombras" a falta, ao seu xuízo, dun "proxecto de cidade". Tamén denunciou a ausencia dun "decidido impulso transformador".
Desde Marea Atlántica, o seu portavoz, María García, manifestou que o PSOE "incumpriu tres de cada catro puntos do acordo" con esta formación. Tamén insistiu na "urxencia" de pór en marcha as axudas fronte á crise da COVID.
Mentres, o presidente do PP local da Coruña, Martín Fernández Prado, nunha comparecencia xunto ao portavoz local desta formación, Roberto Rodríguez, instou o goberno local a seguir o "ritmo" da Xunta na execución de actuacións. "A única que ten proxectos e obras en marcha" na cidade, segundo expuxo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.