Os hospitais suman cinco días seguidos sen falecementos

A cifra de mortes con Covid-19 mantense en 619.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2020 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

Os hospitais galegos non comunicaron este luns ningunha nova vítima mortal relacionada coa pandemia de coronavirus na comunidade.

Con iso, a cifra de falecidos con COVID-19 en Galicia mantense en 619 persoas, despois de que este mércores se notificase a morte dun home de 83 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Desde ese día, non se rexistraron novas vítimas mortais.

Con anterioridade, a Comunidade tivo seis días consecutivos nos que os hospitais galegos non comunicaron ningunha morte vinculada á pandemia, polo que a COVID-19 causou en Galicia tres vítimas mortais noutros tantos días do que levamos de mes de xuño.

A primeira vítima mortal deste virus en Galicia rexistrouse o 14 de marzo, unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Nesa mesma xornada producíase tamén a morte dun home de 81 anos ingresado en Pontevedra e que deu positivo na proba de COVID-19.

Desinfección na entrada do Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo
Desinfección na entrada do Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta