A Xunta reforza a vixilancia da actividade incendiaria pola tempada de alto risco

Reúnironse este martes o Comité provincial de Coordinación Policial Antiincendios coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Silvia Delgado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2020 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia informou do reforzo da coordinación policial para a vixilancia, disuasión e control da actividade incendiaria para a tempada de alto risco, que empeza o próximo día 1 de xullo.

Un hidroavión no incendio forestal de Mondariz (Pontevedra). MARTA VÁZQUEZ
Un hidroavión no incendio forestal de Mondariz (Pontevedra). MARTA VÁZQUEZ | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Con este obxectivo, segundo explicou a Delegación Territorial da Xunta en Ourense, reuniuse este martes o Comité provincial de Coordinación Policial Antiincedios, órgano que está formando por representantes das diferentes forzas e corpos de seguridade do Estado presentes en Galicia, ademais da propia Xunta. 

O obxectivo da reunión, na que participou a delegada territorial en funcións, Silvia Delgado, representantes da Subdelegación do Goberno e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural, é coordinar as actuacións que levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria. Ademais, serviu para ultimar os detalles da vixilancia, disuasión e control da actividade delituosa incendiaria con vistas ao comezo da tempada de alto risco.

Deste xeito, estableceuse unha distribución dos diferentes efectivos sobre o territorio, prestando especial atención ás áreas con maior incidencia deste tipo de actuacións. Durante a reunión, analizouse a situación das Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) caracterizadas polo número de incendios forestais reiterados (unha media anual de sete ou máis no últimos cinco anos) ou por unha gran virulencia dos lumes declarados. Na provincia de Ourense existen na actualidade 22 PAAI en 14 municipios.

REUNIÓN EN LUGO

Por outra banda, en Lugo, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, tamén se reuniu con representantes da Garda Civil, da Policía Nacional e do servizo de Protección Civil para coordinar a participación da Administración do Estado na campaña contra os incendios forestais na provincia de Lugo.

No encontro, Isabel Rodríguez destacou que o Goberno ten un compromiso decidido na loita contra os incendios forestais e a conservación do medio ambiente e asegurou que, proba diso, é a colaboración que presta á Xunta no dispositivo que se despregará este verán en todo o territorio galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta