A Xunta tampouco actualizou o protocolo de limpeza do CHUS con medidas anti-covid

Os pregos de contratación do servizo, moi semellantes ós dos mes de xaneiro, non inclúen reforzos concretos para previr contaxios. Os sindicatos ven "irregularidade" e piden a súa retirada.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2020 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Os pregos de contratación do servizo de limpeza do Hospital Clínico Universitario de Santiago non inclúen medidas concretas para a loita contra o coronavirus. Así o denuncian as centrais sindicais de CIG, CUT, CCOO e UGT, que esixen a retirada dos pregos para evitar que sanitarios e usuarios "se poidan ver afectados".

Clínico, CHUS. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, CHUS. EUROPA PRESS - Arquivo

Nunha nota difundida a medios, as asociacións sindicais denuncian que a Consellería de Sanidade non actualizou as condicións da contratación conforme á nova situación derivada do coronavirus. Así, e sempre segundo os sindicatos, o número de horas "é exactamente igual" ó recollido nos pregos de xaneiro, que foron impugnados por unha das empresas concurrentes.

Neste aspecto, a CIG amosou a súa "sorpresa" pola "premura" coa que foron publicados os pregos, apenas 4 días despois de seren anunciados pola UE e a poucos días da entrada en vigor de regulacións nacionais e autonómicas que terían obrigado á Consellería a actualizar as condicións.

"IRREGULARIDADES"

Os paralelismos entre o documento de xaneiro e o publicado o día 9 son tales que o prego actual segue a cotemplar como extensión da contrata do 1 de maio de 2020 ó 30 de abril de 2022, unha prolongación que os propios sindicatos califican de "imposible".

Na mesma dimensión os sindicatos lamentan que se ignorara a petición da Inspección de Traballo de aumentar o servizo de limpeza en 10 persoas, unha ampliación que non quedou reflectida "en ningún dos tres pregos". De acordo con estas e outras "irregularidades" os sindicatos xa anunciaron que pedirán a retirada dos pregos, que podería ir acompañada dunha actuación por vía xudicial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta