Temas: OURENSE ROUBO

Absoltos por falta de probas dous acusados de agredir sexualmente un home en 2017

Os maxistrados destacan que non existen elementos que apoien a versión do denunciante.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2020 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolveu dous acusados de roubar a un home, golpealo e agredilo sexualmente ante a falta de evidencias, posto que a "única proba" contra os procesados foi a declaración da vítima sen que existan "elementos periféricos" que a apoien.

Así figura na sentenza, datada a 15 de xuño de 2020 e á que tivo acceso Europa Press, contra a que cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

No seu fallo, os maxistrados destacan que non existen elementos que apoien a versión do denunciante, á que tampouco confiren veracidade pois a exploración física realizada tras a suposta agresión "non evidencia marcas erosións propias dos golpes, nin tampouco da agresión sexual".

O caso remóntase ao ano 2017 cando, segundo a versión do denunciante, este quedou cos dous acusados --para os que Fiscalía solicitaba penas de ata 11 anos de cárcere polos delitos de roubo con violencia e uso de armas, agresión sexual e lesións-- no barrio do Couto para comprar dous teléfonos móbiles.

Segundo a versión achegada, os procesados conduciron á suposta vítima á zona de Oira, onde lle roubaron a punta de navalla e o obrigaron a practicarlles unha felación, ademais de introducirlle un dedo polo ano.

Con todo, os xuíces consideran que esta versión dos feitos non se sustenta máis que pola declaración do denunciante que, a pesar de ser considerada "persistente" ao non incorrer en "variacións substanciais nas súas declaracións anteriores", non constitúe unha proba de cargo suficiente para condenar aos acusados.

"Non detalla a forma na que se produciron os feitos, as consecuencias derivadas do mesmo, se o acusado terminou o acto sexual, ou como se desenvolveu a agresión física, pois en ningún momento indica que previamente se sacou a roupa", sinala o tribunal da Audiencia.

Audiencia provincial de Ourense.
Audiencia provincial de Ourense.

Temas: OURENSE ROUBO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta