Pillan un total de seis condutores en Ourense por superar o triplo de alcol permitido nunha fin de semana

Por E.P. | OURENSE | 16/06/2020 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

A Garda Civil detectou na rede viaria da provincia de Ourense o pasado fin de semana seis condutores con taxas que superaban o triplo e cuádruplo do máximo alcol permitido.

Segundo informou o Instituto Armado, o pasado día 11 en San Cibrao das Viñas ás 15,00 horas efectivos da Garda Civil de Ourense especializados no seguimento de delitos contra a seguridade viaria detectaron no quilómetro 0,050 da OU-537 un veciño de Castro Caldelas de 47 anos. A este home instruíronselle dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria ao obter nas probas de intoxicación etílica taxas de 0,95 mg/l e 0,97 mg/l, case o cuádruplo das máximas permitidas.

Mentres, o día 12 un veciño de Esgos de 48 anos foi detectado cando circulaba baixo os efectos do alcol con motivo da realización dun punto de verificación do consumo e alcol e drogas. Obtivo taxas de 1,03 e 0,89 mg/l, polo que se lle instruíron dilixencias que serán remitidas a xulgados de Ourense.

O día 13 en Ribadavia ás 00,45 horas un veciño de San Cristobo de Leiro (Ribadavia) nun punto de verificación de consumo de alcol e drogas obtivo 1,05 e 1,07 mg/l, o que supón máis do cuádruplo da taxa máxima permitida.

Ás 20,50 horas en Ourense, no quilómetro 574 da N-120, outro condutor de 46 anos e veciño de Ourense rexistrou taxas positivas nun punto de verificación de alcoholemia, de 0,82 e 0,81 mg/l. O home deberá personarse nos xulgados de Ourense para responder por un suposto delito contra a seguridade viaria.

Pouco despois, ás 22,55 horas, en Valdorregueiro, concretamente na OU-150, no termo municipal de Ourense, un veciño do lugar de 45 anos tivo 0,80 e 0,73 mg/l, polo que foi denunciado por un suposto delito contra a seguridade viaria ao pasar a taxa máxima de 0,60 en vía administrativa.

O día 14 San Cibrao das Viñas ás 20,25 horas un veciño de Ourense de 64 anos obtivo taxas de 0,86 e 0,87 mg/l ao "evidenciar unha clara sintomatoloxía etílica", subliña a Garda Civil, nun punto de verificación realizado por efectivos do Subsector de Tráfico de Ourense.

Control de alcoholemia. GARDA CIVIL
Control de alcoholemia. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta