Por X.M. Fernández | Allariz | 17/06/2020 | Actualizada ás 19:09
A Oficina de Turismo, punto de información situado na Alameda, abriu ao público o venres 12 de xuño con todas as medidas de seguridade e con un plan de continxencia especifico contra a Covid-19.
A atención ao visitante estase a realizar cun 50% do aforo, e as medidas de protección que inclúe o protocolo son: felpudo de desinfección de calzado, limpeza de mans con hidroxel, uso de máscara e de manparas protectoras así coma mantemento da distancia de seguridade.
Procedeuse a eliminación da zona de autoservizo de folletos turísticos para evitar a súa manipulación. A información facilítase mediante o uso dunha pantalla central fronte o visitante para que poida visualizar as explicacións de rutas, lugares de interese, monumentos e actualidade do concello.
Tamén se fomenta o uso de canles dixitais para facilitar a información aos turistas. Dende documentos en formato electronico ata códigos Qr para a descarga de guías, audios, etc.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.