As ANPAS de Galicia rebélanse contra o plan do PP de dar máis cartos á escola concertada

Afean ós populares que pensen na escola concertada tendo en conta a "mala dotación" de moitos dos centros públicos galegos, especialmente os situados medio rural.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A petición do Partido Popular de poder empregar parte da dotación do curso 2020-2021 para financiar as escolas concertadas xa conta coas primeiras repulsas na comunidade galega. A Confederación de Anpas Galegas vén de amosar o seu rexeitamento á intención dos populares de derivar parte dos 2.000 millóns que recibirán as comunidades ós centros en réxime mixto.

Cuca Gamarra, do Partido Popular. JESÚS HELLÍN
Cuca Gamarra, do Partido Popular. JESÚS HELLÍN | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Neste aspecto, as Anpas afean ó grupo popular a escasa dotación tecnolóxica de moitos dos centros públicos, un problema que foi posto en relevo coa teledocencia ensaiada durante a pandemia. En especial, a asociación chama a atención sobre os "serios problemas"  atravesados no medio rural, "alí onde non chegan os centros privados porque non hai negocio". 

"As familias tivemos que complementar, outra vez, coma sempre, todas as eivas dun sistema que necesita un forte investimento económico". Ante esta precariedade, critican que "aínda agora, que imos repartir unhas escasas migallas, aparece un partido que reclama facer negocio con elas", sinalan en referencia ós populares. "Esiximos que este diñeiro vaia integramente destinado a asegurar que todo o alumnado galego de centros públicos reciba a atención que precisa", reclaman.

A petición do Partido Popular, realizada o pasado venres a través de Cuca Gamarra, Vicesecretaria de Política Social da organización, aínda non tivo resposta por parte do executivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Viriatus

Precísemos la información: las ANPAS de los colegios públicos. Hay otras muchas ANPAS, de los colegios concertados y privados que opinan exactamente lo contrario. No todos somos de izquierdas ni del BNG.

1 ANPA Eira da Liñaza

Primeiro, as Anpas non somos entes descoñecidos viriatus. As Anpas non somos partidos políticos. Somos nais e pais que votan a quen lle dé a gana. O que si temos claro. EDUCACIÓN PÚBLICA GRATUITA. Os colexios concertados, e dicir, empresas que se enriquecen a través dun dereito teñen que ir desaparecendo. Noutro tempo tiveron sentido. Agora xa non.