Instalados os arcos de control para aforamento nas praias da Coruña

Estes dispositivos, dixo a alcaldesa Inés Rey, "garantirán o acceso en condicións de seguridade".

Por E.P. | A CORUÑA | 17/06/2020 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña instalou nos accesos aos areais os arcos para controlar o aforamento nas praias urbanas, segundo confirmou a alcaldesa, Inés Rey.

A preguntas dos xornalistas, con motivo da súa presenza na inauguración dunha exposición sobre o Real Club Deportivo, indicou que avisarán cando o areal estea ao 50%, ao 75% e cheo, "cando xa non se poderá pasar".

Estes dispositivos, dixo a alcaldesa, "garantirán o acceso en condicións de seguridade" aínda que advertiu de que será necesario, dentro das praias, respectar a distancia de seguridade.

Valos para controlar os accesos nas praias da Coruña. CONCELLO DA CORUÑA
Valos para controlar os accesos nas praias da Coruña. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta