En Común presenta o seu proxecto para a "a reconstrución económica e social do país"

O documento será presentado ás demais forzas políticas como actores socioeconómicos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

A coalición Galicia en Común - Anova Mareas presentou os eixos do seu programa electoral para os comicios autonómicos do 12 de xullo de cara a participar nun futuro goberno galego que "sitúe dunha vez a Galicia no século XXI".

Este mércores, a cabeza de lista da coalición, Antón Gómez-Reino, participou en Santiago na presentación do documento 'Construírmos ou futuro. Plan de recuperación do país' acompañado polos tamén candidatos Eva Solla (Esquerda Unida), Iria Figueroa (Anova) e Luca Chao e Marcos Cal, ambos de Podemos Galicia.

En palabras de Gómez-Reino, as eleccións do 12 de xullo "esixen que máis aló dos programas electorais" de cada formación, estas deben pór sobre a mesa "cales son os plans" para acometer "a reconstrución económica e social do país" e atallar as consecuencias da pandemia de coronavirus.

O documento presentado este mércores contén "catro eixos" sobre os que pivota a proposta política da coalición de Podemos, EU, Anova e as mareas de Santiago e A Coruña para afrontar a próxima lexislatura, que estará marcada, como recoñeceron os candidatos, na crise provocada polo Covid-19.

Así, o primeiro deses eixos é a "reconstrución económica" sustentada na "defensa dun emprego de calidade" que atenda a "todos" os sectores produtivos e priorice a "loita contra a pobreza". O segundo céntrase nas políticas públicas en ámbitos como a educación, a sanidade ou os coidados, que supoñen "o esqueleto fundamental da defensa das maiorías sociais".

A "recuperación de dereitos" despois de "dez anos moi duros de recortes en liberdades e igualdade" e facer fronte ao "desafío" dun "cambio de modelo produtivo cunha economía que se relacione doutra forma co medio ambiente" compoñen as dúas liñas restantes dun documento sobre o que En Común asentará o seu programa electoral.

"Galicia ten futuro e ten que telo. Tendemos a man para construílo", sinalou Gómez-Reino, que apuntou que a elaboración deste documento (que será presentado a distintos actores socioeconómicos, empezando esta semana polo Círculo de Empresarios de Galicia, e incluíndo a PSdeG e BNG) é froito do traballo do últimos tres meses "mentres outras forzas se dedicaron a non gobernar, non exercer competencias ou crear crispación".

"Nós fixemos o que tocaba facer, dialogar co país. Isto é unha folla de ruta para situar dunha vez por todas a Galicia no século XXI", incidiu o tamén deputado no Congreso, que deu paso aos seus compañeiros de candidatura para a presentación de cada unha das liñas do documento.

O número dous da lista pola Coruña e deputada na última lexislatura, Luca Chao, subliñou a necesidade de que a "saída" da crise se realice  "en clave de maiorías sociais e de aposta por un emprego de calidade" que, ademais, estableza medidas específicas para as mulleres, os mozos, autónomos, parados de longa duración e traballadores do sector cultural.

Pola súa banda, a cabeza de lista da candidatura por Pontevedra, Eva Solla, presentou a liña de servizos públicos. Segundo a coordinadora nacional de EU, a crise do Covid-19 puxo de manifesto as "carencias" de servizos como a sanidade, a educación ou os coidados, con especial atención nas residencias e a atención dos maiores.

Presentación do plan de reconstrución de Galicia en Común. GALICIA EN COMÚN
Presentación do plan de reconstrución de Galicia en Común. GALICIA EN COMÚN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta