O Concello da Coruña aproba a construción do ascensor dos Castros

Autorizouse tamén a modificación das bases das bolsas comedor.

Por E.P. | A CORUÑA | 17/06/2020 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña aprobou, na Xunta de Goberno local, o proxecto de mellora da accesibilidade no barrio dos Castros, que inclúe a construción dun ascensor.

O proxecto levou á Xunta de Goberno tras varios meses de consultas coas asociacións veciñais. O obxectivo é mellorar a accesibilidade na confluencia da rúa Vila de Padrón e a rúa Ortigueira coa avenida da Pasaxe, para o que se instalará un ascensor.

Por outra banda, na reunión tamén se deu luz verde á formalización do contrato do servizo de limpeza viaria coa UTE FCC Medio Medio Ambiente-SAU Ingreser Atlántica.

Ademais, autorizouse a modificación das bases das bolsas comedor. Nesta convocatoria, a solicitude realizarase a nome da persoa beneficiaria, neste caso o alumno ou a alumna que use o comedor escolar.

A alcaldesa, Inés Rey, con máscara no primeiro pleno presencial tras declararse o estado de alarma. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa, Inés Rey, con máscara no primeiro pleno presencial tras declararse o estado de alarma. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta