Ciudadanos Galicia quere que se "garanta a educación en castelán" e "non se atropelen dereitos"

Reclama unha Lei educativa "para unha xeración" e "non para unha lexislatura".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A candidata de Ciudadanos á Presidencia da Xunta, Beatriz Pino, pediu diálogo na nova Lei Educativa co fin de avanzar nunha norma que sirva "para unha xeración" e se desvincule do ciclo de reformas que se suceden cada cambio de goberno. "Necesitamos unha Lei Educativa para unha xeración, non para unha lexislatura", sinalou, lembrando que a chamada 'Lei Celaá' sería a oitava lei educativa en 40 anos, en caso de aprobarse.

"PSOE e Podemos impulsan esta lei sen debatela nin consensuala coas comunidades autónomas nin con ninguén da oposición, nun momento no que, máis que nunca, hai que sacar a Educación do debate político, cando hai moita incerteza sobre o ano académico de nenos e novos".

Pino insistiu na importancia dun Pacto de Estado pola Educación, dialogado e consensuado entre todas as forzas políticas e profesionais da sociedade civil, no que ademais se deixe ao carón o enfrontamento entre o modelo de escola pública e concertada. "O proxecto elimina o criterio de demanda social e relega a escola concertada a un papel de mera subsidiaria, abrindo a porta á eliminación dos concertos.".

Así mesmo, apelou a garantir que se poida educar en castelán en todo o Estado e asegurar que "non se atropelan os dereitos lingüísticos de alumnos e familias na escola". Neste sentido, apostou por reforzar a Alta Inspección Educativa, en lugar de restarlle competencias. "O proxecto quita as competencias de velar por que se cumpra a Constitución á Alta Inspección Educativa e dá esa potestade aos gobernos autonómicos, nalgúns casos nacionalistas, así como a decisión de cantas materias se imparten en castelán".

FALTA DE RECURSOS

Pino incidiu ademais en que o proxecto de Celaá anuncia investimentos que logo non se orzan, como é "a gratuidade na educación infantil". "É paradigmático: anúnciase a vontade de avanzar cara a ela, pero non se recolle ningunha previsión orzamentaria, o cal deixa a proposta ao albur da conxuntura económica, crea incerteza nas familias e fai dubidar sobre a vontade real do Goberno de aplicar estas medidas".

Así mesmo, referiuse a os miles de nenos galegos perderon as súas clases, nun territorio no que o Estado "non investiu nada para superar a fenda dixital", e censurou que o Goberno "nin sequera" achegue recursos para que os colexios poidan "comprar produtos sanitarios e hixiénicos". "Non lles dá o suficiente diñeiro para plans de reforzo ou para ter máis aulas ou para pagar o salario de máis profesores", insistiu.

A líder de Ciudadanos Galicia, Beatriz Pino, na sede da formación laranxa. Foto de arquivo.. CIDADÁNS - Arquivo
A líder de Ciudadanos Galicia, Beatriz Pino, na sede da formación laranxa. Foto de arquivo.. CIDADÁNS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Amancio

O que hai que ler por ter ollos eh? A candidata de Nostrus para a Xunta a propon medidas para as cales a Xunta non ten competencias (a Xunta só ten competencias sobre o ensino en Galicia) e só fala de garantir o dereito ao ensino en castelán, non en galego. Sorte que van de camiño á irrelevancia.

2 Sentidiño

O nivel de español d@s bacheleres galeg@s está entre os mellores do estado. O nivel de galego do alumnado, pola contra, non chega ao celga 3, en particular na escola privada. A Xunta regálalles o celga 4 se rematan o bacharelato, e o 3 a quen remata a ESO. Estamos de acordo: hai que garantir a igualdade lingüística.

1 nostrus

Sentidito, no se trata de igualar las lenguas sino los derechos de los alumnos a estudiar en su lengua propia, pero vosotros solo quereis que estudien en su lengua propia los alumnos gallegohablantes. Lo entendeis perfectamente, pero vuestra fe y obstinacion os hace comportaros como verdaderos intolerantes. Animo C´s porque con ellos nadie tendrá porque cambiar su chip lingüistico ya que Galicia es una "región" bilingüe

2 uu1

Nostrus mostrando-nos mais uma vez a sua intolerância, mas esta vez sem dissimular a sua intransigência. Igualdade, palavra aborrecível para ele que lhe produz urticaria. Nostrus defende o supremacismo linguístico dos monolíngues em castelhano e síntese indignado de que os galego galantes solicitemos igualdade e o direito a usar uma das línguas Oficiais (ademais de língua própria de Galiza de acordo com o estatuto). A educação é o melhor remédio para os seus problemas.

1 uu1

Que quere dizer “garantir a educação em castelhano”? Na Galiza há uma língua amplamente discriminada e marginada, a língua galega. Possivelmente estão a propor “educação exclusivamente em castelhano” o que vai contra a constituição e o estatuto!