Mercar un coche eléctrico pode saír ata 6.500 euros máis barato dende esta semana

O Goberno central impulsa un plan para a renovación do parque móbil que contempla 5'75 millóns para Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2020 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

Dende o mércores 16, facerse cun novo vehículo pode saír notablemente máis barato en Galicia e o resto do Estado. Sempre que sexa eléctrico, híbrido ou se sustente noutra enerxía alternativa. O Goberno central bota a andar a segunda edición do programa Moves, un plan de axudas á renovación do parque móbil que inclúe -dunha partida de 100 millóns- 5'75 para a comunidade galega.

Atasco nunha estrada. EUROPA PRESS - Arquivo
Atasco nunha estrada. EUROPA PRESS - Arquivo

As axudas, que serán xestionadas directamente polas comunidades autónomas -se ben con certas restriccións- varían entre os 600 e 15.000 euros dependendo do tipo de vehículo adquirido, que pode ir dende unha moto a un camión. En moitos dos casos, a concesión da axuda vai condicionada á que o dono destine un vehículo anterior á chatarra, sempre que supere os 7 anos de antigüidade.

O obxectivo fundamental deste plan son os vehículos eléctricos, que poderán recibir ata 5.500 euros da Administración. A esta contía deberá sumárselle outros 1.000 euros que deberá aportar o fabricante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta