Galicia gaña 337 afiliados estranxeiros á Seguridade Social en maio, pero ten menos que hai un ano

É un 0,92% máis en relación a abril, un crecemento inferior á media estatal (1,89%).

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/06/2020 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A Seguridade Social gañou 337 afiliados estranxeiros en Galicia o pasado mes de maio, ata 37.030, un 0,92% máis en relación a abril, un crecemento inferior á media estatal (1,89%), segundo datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Traballador inmigrante.
Traballador inmigrante. | Fonte: Ministerio.

Con todo, en comparación con maio de 2019, a Seguridade Social perdeu 658 afiliados estranxeiros en Galicia, un -1,75%, menos que o conxunto estatal, onde o descenso foi de -6,7%.

Desta forma, ao termo do quinto mes do ano, o número de inmigrantes que cotizan en Galicia situábase en 37.030. Do total, 28.781 persoas pertencía ao Réxime Xeral, mentres que 6.929 cotizaban en Autónomos e 1.320 no Réxime do Mar.

Dentro do primeiro, 1.176 estranxeiros empregábanse no sector agrario e 3.145 no do fogar, mentres que os outros 24.460 traballaban no resto de actividades.

Máis da metade dos inmigrantes afiliados á Seguridade Social en Galicia son homes, 20.968, fronte a 16.062 mulleres. Por procedencia, a maior parte proviñan de países non europeos, 22.540, en tanto que 14.490 eran de estados membros da Unión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta