A Xunta anuncia concertos para o Xacobeo pero sen un protocolo claro para a cancelación de eventos

Presentouse este xoves, 18 de xuño, 'Directos Xacobeo'21 en Salas', unha proposta que programará entre os meses de xullo e outubro 160 concertos de artistas galegos en diferentes salas de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2020 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

A recuperación da actividade das salas privadas de concertos e dos profesionais da música en vivo no contexto post COVID-19 é a prioridade do novo circuíto 'Directos Xacobeo'21 en Salas', que programará entre xullo e outubro 160 concertos de artistas galegos. Con todo, a Xunta non presentou aínda un protocolo claro de actuación e apunta que, algún evento pode ser cancelado en funció da capacidade e das condicións hixiénico-sanitarias.

Alberto Núñez Feijóo intervén ante os medios tras a reunión da comisión Organizadora do Xacobeo 2021. XUNTA DE GALICIA
Alberto Núñez Feijóo intervén ante os medios tras a reunión da comisión Organizadora do Xacobeo 2021. XUNTA DE GALICIA

A iniciativa parte da Xunta de Galicia, que achegará os 400.000 euros de financiamento, en colaboración coa Asociación Galega de Salas de Música en Vivo 'Clubtura', encadrada no marco do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico.

Así, 'Directos Xacobeo'21 en Salas' desenvolverá entre os meses de xullo e outubro unha programación de ata 160 concertos protagonizada exclusivamente por solistas e grupos galegos de todos os estilos nun máximo de 40 salas, integrantes ou non desta asociación.

Tanto a capacidade como as condicións hixiénico-sanitarias de cada un dos eventos atenderá ao que, en cada momento, ditaminen as autoridades competentes para a celebración de espectáculos públicos. Ademais, todos os concertos serán gravados e editados para a súa retransmisión en liña a través de diferentes plataformas audiovisuais.

Clubtura encárgase da xestión do circuíto, para o que mantén abertas ata mañá as convocatorias dirixidas aos locais de música en vivo interesados en participar e para o servizo de gravación e edición dos concertos. Pola súa banda, os solistas e grupos de música galegos poderán presentar as súas propostas ata o día 22 deste mes.

Poderán inscribirse todas as salas de concertos profesionais de Galicia que acrediten programar en 2019 un mínimo de 25 concertos con entrada de pago. No caso de presentarse máis de 40 candidatas, a selección das participantes realizarase seguindo un baremo de criterios obxectivos, como o número de actuacións ofrecidas o ano pasado, os anos de traxectoria, a súa capacidade e a pertenza a unha asociación profesional.

A convocatoria garante que 'Directos Xacobeo'21 en Salas' financiará entre tres e catro concertos en cada un dos locais adheridos, de modo que se prevé a celebración de entre 120 e 160 actuacións musicais no marco deste circuíto. Serán os propios responsables das salas os encargados de configurar os seus respectivos carteis a partir de todos os solistas ou bandas inscritas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta