Críticas á "inacción" da Xunta por non dispoñer dun protocolo de regreso ás aulas: "desprezan ó profesorado"

A CIG-Educación pide aumentar o número de docentes para garantir un regreso á presencialidade seguro.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2020 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O silencio da Consellería de Educación a respecto dun retorno ás aulas cada vez máis incerto comeza a recibir as primeiras mostras de rexeitamento por parte da comunidade docente. Nun comunicado, CIG-Ensino lamenta a "inacción" da Xunta; unha "parálise" que, consideran, agocha a intención de volver ás aulas en setembro "como se non estivésemos nunha pandemia".

Carmen Pomar, Concelleira de Educación. XUNTA
Carmen Pomar, Concelleira de Educación. XUNTA

Á marxe da ausencia duns protocolos a seguir, formación sindical afea a actitude do presidente da Xunta, que uns días atrás abriu a porta a derivar os fondos de educación do goberno central a outras áreas. No marco deste "desprezo" ó profesorado, a CIG recorda o esforzo dos docentes á hora de adaptarse "en tempo récord" á par que a Consellería "vilependiaba" ó corpo profesoral, que viu incrementada a carga burocrática do seu traballo á par que recibía instruccións "contraditorias" da Consellería, segundo o sindicato.

Fronte a "despreocupación" das autoridades autonómicas e centrais, o sindicato propón unha serie de medidas para a regreso ás aulas que poñen como horizonte principal o mantemento da presencialidade, valéndose do réxime mixto ou telemático como un caso "excepcional". Para manter as distancias de seguridade, propoñen ampliar o número de docentes -de xeito que se reduciría o ratio de alumnos por aula- e a reapertura de centros pechados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta