O persoal de residencias volve a manifestarse ante a Xunta: "a conselleira non se digna nin a chamarnos"

Con este son 4 semanas de mobilizacións para reverter o "recorte de dereitos" da administración Feijóo

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2020 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Traballadores dependentes da Consellería de Política Social manifestáronse este xoves 11 por cuarta semana consecutiva contra o "recorte de dereitos" perpretado pola administración popular en 2012. A mobilización, convocada para todos os centros de atención primaria de Galicia, incluíu unha concentración ante a sede da Xunta no barrio compostelán de San Caetano.

Fabiola García, nunha videoconferencia. Xunta de Galicia
Fabiola García, nunha videoconferencia. Xunta de Galicia

Neste aspecto, traballadores e sindicatos lamentan a actitude da conselleira de Política Social, Fabiola García, que "despois de 4 semanas, non se dignou a chamar ás organizacións convocantes para coñecer as súas demandas". "Siguen negando unha saída negociada ó conflito, facendo oídos xordos ás xustas reivindicacións do persoal", apuntan os convocantes. Por iso, CIG, CSIF, UGT e CCOO, xa anunciaron que continuarán co calendario de mobilizacións ata que os seus requerimentos sexan escoitados pola conselleira.

En concreto, as mobilizacións chaman a incrementar o número de prazas dos centros nunha "aposta decidida" polos servizos públicos que tamén comprendería a transformación dos contratos parciais en xornada compeleta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Graña

Non sei cómo podemos volver a votar a Feijóo despois do que fixo coas residencias de maiores. Eu creo que aos galegos fállanos un fervor.

1 What

Nas urnas,ahi e donde hay que darlle a doer...