Denuncian irregularidades co voto emigrante en Arxentina

O BNG di que chegaron formularios para o voto un día despois de que acabase o prazo para presentar solicitudes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/06/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

O pasado 17 de xuño na conta do BNG Emigración aparecía o seguinte comentario:
“Denuncian desde Arxentina que están a recibir o 17 de xuño, 1 día despois da fin do prazo ampliado, os formularios do censo con instrucións para poder solicitar o voto. Unha vez máis miles de compatriotas na diáspora non poderán votar”.

Urnas, eleccións, votos. EUROPA PRESS - Arquivo
Urnas, eleccións, votos. EUROPA PRESS - Arquivo

Postos en contacto coa Secretaría Xeral de Emigración, dependente da Presidencia da Xunta, aseguran ser conscientes de que hai problemas para facer chegar a documentación. Non obstante, sinalan que todo o relativo a procedementos electorais é competencia do Estado. “A lei de voto rogado é lei estatal, non autonómica”.

Tamén din desde a Secretaría Xeral de Emigración que a pandemia da COVID-19 dificulta aínda máis a chegada da documentación electoral. “En Arxentina seguen en confinamento”. O que si fixo a Xunta, a través de Vicepresidencia “solicitar que as persoas que rogaran o voto para as eleccións en 5 de abril, que a Junta Electoral aceptase eses trámites como válidos para o 12 de xullo”. A Junta Electoral Central denegou esta posibilidade.

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego respondeu que a comezos de xuño foi “presentar unha pregunta na Mesa do Congreso cando comezaron a chegar as primeiras queixas para que o Estado actuase”. En caso de haber irregularidades sobre o voto emigrante, iniciaríanse accións legais, di Rego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta