Temas: EMPREGO FP ENCE

Ence di querer axudar na recuperación económica tras a COVID coa contratación de titulados de FP

En total, 16 mozos traballarán durante un ano nos distintos departamentos que a compañía ten en Pontevedra no ámbito forestal e no industrial.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2020 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

A fábrica de Ence en Lourizán contratará 16 titulados en segundo ciclo de Formación Profesional, que traballarán durante un ano en diferentes departamentos da compañía en Pontevedra.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, presentaron o este xoves xunto co director territorial de Ence, Antonio Casal, o convenio subscrito para a citada contratación e que enmarcaron como medida "para contribuír a paliar a crise derivada da emerxencia sanitaria pola covid-19".

Antonio Casal explicou que o departamento de capital humano da fábrica empezará esta contratación "inmediatamente" e que estes 16 mozos traballarán durante un ano nos distintos departamentos que a compañía ten en Pontevedra no ámbito forestal e no industrial. Para iso, destinarase medio millón e euros.

"Unha mostra máis do compromiso coa sociedade que está reflectido dentro do Plan Social que cada ano levamos adiante", asegurou, e que cuantificou en 3 millóns de euros en proxectos sociais, deportivos e culturais en Pontevedra, Marín e Poio.

A conselleira de Medio Ambiente, pola súa banda, valorou "o compromiso de Ence coa contorna", mentres que Rueda destacou que foi a propia compañía a que se puxo en contacto co Goberno autonómico para realizar esta proposta, que permitirá a estes mozos gañar experiencia no mercado laboral cun "emprego de calidade.

Fábrica de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra. EUROPA PRESS - Arquivo
Fábrica de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: EMPREGO FP ENCE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ENCEfalograma plano

Que jeta teñen estes. Pensan que nos creemos calquera chorrada que se lle ocurra ao gabinete de prensa.