Comeza unha nova edición do Curso Superior en Xestión de Obras de Rehabilitación

Desenvólvese en Santiago ata finais de novembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2020 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

A Fundación Laboral da Construción e o Consorcio de Santiago presentaron este xoves unha nova edición do Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación, que se imparte no Centro de Formación en Materia de Rehabilitación, en Santiago de Compostela.

O curso diríxese a profesionais, técnicos e xefes de obras de rehabilitación interesados en adquirir ou actualizar os seus coñecementos en materia de mantemento, conservación, restauración e rehabilitación.

O curso prolongarase ata finais de novembro, co obxectivo de difundir coñecemento especializado e impulsar a innovación no sector, dando "unha visión panorámica e integrada das particularidades das obras de mantemento, rehabilitación e reforma de edificios desde a sustentabilidade, a austeridade e o respecto patrimonial", apunta o consorcio.

Nesta iniciativa están a participar un total de 25 alumnos, que reciben formación de máis de 30 expertos no campo da rehabilitación. Abórdase a xestión económica e administrativa dos proxectos, os materiais, técnicas e os oficios da construción, incidindo nas novas técnicas de intervención e na mellora da eficiencia enerxética. A formación desenvólvese en modalidade mixta, compaxinando as sesións presenciais coa teleformación.

No transcurso da presentación, púxose de manifesto que a situación actual do sector da construción se caracteriza polo incremento das actuacións de mantemento, rehabilitación ou reforma de edificios existentes; especialmente nos múltiples procesos de renovación urbana que se están desenvolvendo nos centros históricos, nos núcleos rurais, nos ensanches e mesmo nas periferias das cidades.

A restauración do Pórtico da Gloria, galardoado nos Premios de Patrimonio Europeo. FUNDACIÓN BARRIÉ
A restauración do Pórtico da Gloria, galardoado nos Premios de Patrimonio Europeo. FUNDACIÓN BARRIÉ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta