Os bombeiros forestais estoupan contra a "improvisación constante" da era Feijóo

Demandan contar con máis prazas e mellores materiais para superar un modelo "obsoleto".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A menos de un mes para as eleccións do 12J, os bombeiros galegos estoupan contra a xestión da Xunta de Feijóo, ó que acusan de "improvisación constante" e de soster un modelo de servizo "obsoleto" e "ancorado no pasado". A través da asociación APROPIGA, bombeiros e bombeiras de Galicia esixen unha mesa de negociación ó futuro executivo da Xunta para abordar a "recuperación dos dereitos perdidos na crise económica".

Como queda o traxe dun bombeiro forestal logo de loitar contra as lapas
Como queda o traxe dun bombeiro forestal logo de loitar contra as lapas | Fonte: bombeiros forestais de Galicia

En concreto, as demandas do colectivo oriéntase á garantía dunha maior estabilidade laboral, convertindo o tempo do traballo de persoal de 6 a 9 meses anuais. Por riba, esixen aumentar de forma "inmediata" as prazas do corpo para rematar cos graves déficits de persoal atravesados, sinalan. Á marxe, APROPIGA afea á Xunta a ausencia dunha "verdadeira prevención" dos incendios forestais, unha carencia que vén dado pola falta de infraestruturas coas que facer fronte á tempada alta. Neste aspecto, demandan unha mellor cobertura de materiais.

Os bombeiros aproveitaron para lembrar ó executivo autonómico o papel dos corpos galegos nas máis de 5.000 tarefas de desinfección sostidas durante a pandemia. Segundo a asociación, estas labores deixan patente a "polivalencia" dos profesionais e a necesidade de maior formación específica, outro dos eixos que sinalan infraatendido pola Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xosé Manuel

Sen entrar no texto, a imaxe é un sin sentido: ilústrase unha nova dos bombeiros forestais cunha imaxe dos bombeiros urbáns de Vigo.