Buscan no Grove a un home que saíu a pescar pola noite tras aparecer a súa embarcación á deriva

O operativo, iniciado esta mañá, comprende pesquisas por mar e terra. Polo momento atopouse un aparello e un rezón que parecen pertencer ao barco.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 19/06/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

Equipos de emerxencias percorren por mar e terra a costa do Salnés para tratar de obter algún indicio que leve ao paradoiro do tripulante dunha embarcación achada á deriva no Grove. O home, veciño da poboación de Vilanova, saíra pescar a pasada medianoite e non volveu á casa

Embarcación
Embarcación | Fonte: remitida

Segundo o 112, o operativo deu comezou pouco despois de atopar unha embarcación á deriva en Porto Meloxo, que apareceu sobre as 10,00 horas deste venres e foi localizada por persoal da Confraría de Pescadores do Grove.

A pesquisa por mar está a ser desenvolta por persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, mentres que por terra participan voluntarios de Protección Civil de Vilanova e membros do Servizo Local de Emerxencias do Grove. Tamén foron avisados os  axentes da Policía Local do Grove e da Garda Civil. 

APARECE UN APARELLO E UN REZÓN

Un aparello e un rezón --ancora pequena--, supostamente da embarcación achada á deriva, foron atopados baixo a ponte da Illa no marco da procura do tripulante. Así o sinalaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, que indicaron que por parte da Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa comunicaron o achado dun aparello e un rezón supostamente da embarcación 'EMI' localizada á deriva nas proximidades de Porto Meloxo.

O Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra mobilizou o helicóptero 'Pesca 1' da Xunta, que está previsto que sexa relevado sobre as 17,30 horas polo 'Helimer 211' de Salvamento, e a 'Salvamar Sargadelos'. Ademais, colabora a lancha 'Mar de Laredo' de Cruz Vermella, entre outros medios marítimos. A eles súmanse Protección Civil, Policía Local e Garda Civil.

Os equipos de emerxencias percorren por terra, mar e aire a costa do Salnés para tratar de obter algún indicio do paradoiro do tripulante desa embarcación achada á deriva no Grove.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta