Bugallo defende que a idea de sacar os Fogos do Apóstolo do Obradoiro xa se fixo pública "o ano pasado"

"Sorprendeunos e desgustounos que non se presentasen pirotécnicos de Galicia", recoñece o alcalde de Santiago, quen sinalou que analizarán as consideracións "que están a propor" estas compañías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago defende o proceso impulsado para contratar os Fogos do Apóstolo ante as críticas de Asociación Galega de Industrias Pirotécnicas, que acusou o Goberno local de apropiarse da súa idea e de propor condicións irrealizables.

O rexedor, Xosé Sánchez Bugallo, lamentou esta situación pero asegurou que a iniciativa de sacar o espectáculo de Obradoiro fíxose pública "o ano pasado" e que recibiron "moitas ideas" ao longo do período de confinamento que coincidían coa que finalmente se materializará o próximo 25 de xullo.

As bases publicadas establecían un mínimo de oito disparos e unha duración mínima de 20 minutos. A Asociación Española da Pirotecnia como pola Asociación Galega de Industrias Pirotécnicos manifestaron a súa "rotunda oposición" a estes criterios, que impoñen condicións que atentan contra a dignidade profesional do sector" e "de imposible cumprimento para a realización dun espectáculo acorde á festividade para a que se pretende contratar".

Por esta razón, ningunha empresa galega optou ao proceso, e unicamente presentáronse dúas compañías que están á marxe destas asociacións.

"Sorprendeunos e desgustounos que non se presentasen pirotécnicos de Galicia", recoñece Bugallo, quen sinalou que analizarán as consideracións "que están a propor" estas compañías para "telas en conta para o concurso do ano que vén", cando espera que as circunstancias "sucedan doutra maneira".

A partir de agora, engadiu, "correspóndelle aos técnicos" valorar se as ofertas presentadas, unha de Castela e León e outra de Aragón, "cumpren os requisitos económicos e técnicos". "Sobre a calidade dos Fogos do Apóstolo, imos opinar o día 25 de xullo", resolveu.

Espectáculo de fogos artificiais levado a cabo no Pazo de Raxoi de Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press - Arquivo
Espectáculo de fogos artificiais levado a cabo no Pazo de Raxoi de Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta