Proposta da CRTVG de nove debates electorais dos que só un contaría con todos os candidatos

A xunta electoral central determinou que son grupos políticos significativos aquelas formacións que en procesos electorais celebrados con posterioridade ás últimas eleccións equivalentes obtiveron un número de votos igual ou superior ao 5 por cento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) entregou á xunta electoral o seu plan de cobertura para as eleccións do próximo 12 de xullo, que inclúe nove debates, dos cales só un con todos os candidatos á Presidencia da Xunta das sete formacións representativas e significativas. Xunto aos debates, a CRTVG tamén recolle no seu plan de medios un total de 14 entrevistas con candidatos.

Así, o ente público galego propón celebrar un debate a sete bandas o primeiro luns de campaña electoral, o día 29 de xuño. Así mesmo, aposta por catro debates provinciais na televisión pública, para emitir o 1 de xuño, e outro catro organizados pola Radio Galega, a última semana da carreira cara ás urnas.

Pola súa representatividade (presenza no Parlamento de Galicia) en función dos resultados das eleccións anteriores, as formacións que se consideran do grupo representativo son: PP --Alberto Núñez Feijóo como candidato--, En Marea (marca electoral que se presentou como tal nas eleccións de 2016 pero cuxos impulsores e partidos que o conforman xa non están vinculados) --Pancho Casal--, PSdeG --Gonzalo Caballero-- e BNG --Ana Pontón--.

Pola súa banda, en virtude da instrución 4/2011, do 24 de marzo, a xunta electoral central determinou que son grupos políticos significativos aquelas formacións que en procesos electorais celebrados con posterioridade ás últimas eleccións equivalentes obtiveron un número de votos igual ou superior ao 5 por cento.

Así, a CRTVG incluíu no seu plan de medios para as eleccións do 12 de xullo a En Común-Anova Mareas (coalición de Podemos, Esquerda Unida e Anova) --Antón Gómez-Reino--, Cidadáns (Cs) --Beatriz Piñeiro-- e Vox --Ricardo Morado Fajardo, número uno pola Coruña--.

Estudio da Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) preparado para un debate a seis nas eleccións autonómicas galegas para o 5 de abril. CRTVG - Arquivo
Estudio da Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) preparado para un debate a seis nas eleccións autonómicas galegas para o 5 de abril. CRTVG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Sentidiño

TVE ten a infraestrutura para emitir para Galicia o venres 10 ás 10 da noite. Outra cousa é que queira, e que a Xunta Electoral llo permita.

3 A votar

O debate o máis lonxe posible do día das eleccións, non vaia ser que se mobilice a cidadanía e que inflúa na campaña. A TVG ten a lección ben aprendida, con sorte non o emiten ás dez da mañá. Non sei se se concretaron os temas do debate pero eu creo, que para facer o favor completo, porán un sobre coronavirus para que ataque ao goberno central e xuntarán industria con turismo para que fale do Xacobeo no canto da desindustrialización.

2 Gamela

Case mellor que fagan un especial Luar ou LandRober nos que entrevisten aos candidatos... seguro que tería máis audiencia !

1 Ana

Se queredes unha "tarifa eléctrica galega" para que se cree emprego en Galiza e deixar de emigrar votade ao BNG. O resto e todo mais do mesmo: o que diga o partido en Madrid. En xestion e programa o mellor con diferenza e o BNG. Nas provincias da Coruña e Lugo o BNG debe arrasar ante a desindustrialización que estamos a vivir. Precisamos urxentemente a tarifa eléctrica galega para atraer empresas ou evitar que marchen as que quedan.

1 Rui do

¿Puedes decirme quien del BNG sabe algo de crear empleo? Pontona que no hizo otra cosa en la vida que vivir de la politica? La teleoperadora Noa o la juntaletras de la U Olalla? Ah, no, Bará, otro profesional de la política rebotado del instituto