Ciudadanos advirte de que a Lei de Cambio Climático "pon en risco todo o sector situado na costa galega"

Beatriz Pino

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/06/2020 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

A candidata de Ciudadanos á Presidencia da Xunta, Beatriz Pino, advertiu de que a Lei de Cambio Climático que prepara o Goberno central "porá en risco todo o sector situado na costa galega". Así o indicou tras manter este venres un encontro telemático con responsables da Plataforma Galega Mar e Industria, no que tamén participou a deputada da formación laranxa María del Carmen Martínez.

A candidata de Cs Beatriz Pino nunha videoconferencia
A candidata de Cs Beatriz Pino nunha videoconferencia | Fonte: Ciudadanos.

Ciudadanos apunta que a lei, agora en tramitación, implicará unha serie de cambios que "alterarán a vixencia das concesións administrativas e porá en perigo a continuidade de centos de empresas".

"Sabemos que para calquera empresa isto suporía un risco para a execución de investimentos a medio e longo prazo, ante as dúbidas sobre a viabilidade das mesmas, ao descoñecer se poderán manter a súa actividade", incidiu Pino, que critica que o Goberno inclúa un cambio lexislativo que modifica a forma de computar a concesión.

"Fixérono sen falar antes con afectados e de forma encuberta", remarcou Pino, que demanda ao Executivo que rectifique un proxecto de lei que "afectará especialmente a Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta