A crise do coronavirus leva a Sanidade a ampliar as urxencias do hospital de Santiago cun investimento de 1,3 millóns

Destina case 19 millóns de euros á compra de máis de 16 millóns de máscaras cirúrxicas e 46 millóns de luvas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/06/2020 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este venres a contratación da ampliación da área de urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) por un importe de 1,3 millóns de euros, cunha construción de 655 metros cadrados. O coronavirus provocou que se tivese que crear un circuíto diferenciado de servizos divididos entre pacientes xerais e os sospeitosos de COVID-19. Esta separación foi en detrimento do espazo útil de urxencias, polo que resulta necesaria realizar estas obras.

Ambulancias en Urxencias
Ambulancias en Urxencias | Fonte: © Miguel Núñez

Así, vaise a crear unha sala de observación con 40 camas, que tamén contará cunha zona de control, farmacia, almacén e aseos para pacientes. Entre outras áreas, vaise construír unha sala de traballo médico, así como vestiarios. O prazo da execución das obras é de tres meses.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou o impulso á mellora de infraestruturas sanitarias, tamén coa tramitación para axilizar as obras do plan director do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, cun investimento de 48 millóns.

Tras terminar as obras da fase I, analizáronse as necesidades actuais e aprobouse unha reprogramación do plan director. Haberá tres actuacións principais: construír un novo edificio de hospitalización, reformar o hospital materno infantil e facer unha conexión entre estes edificios e o edificio Cristal.

O presidente da Xunta explicou que para poder acometer estas obras o máis axiña posible, Sanidade tramitará urbanisticamente a fase I da reprogramación do plan director, de acordo aos mecanismos previstos na lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese.

Esta situación prodúcese pola imposibilidade de obter unha licenza de maneira común, dada a situación actual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ourense.

Por outra banda, Núñez Feijóo informou de que Sanidade inviste case 19 millóns de euros para comprar materiais de protección para profesionais e pacientes fronte ao coronavirus.

O Consello aprobou este venres este orzamento, a maior parte do cal vai destinado á compra de 16,5 millóns de máscaras cirúrxicas por valor de 10,2 millóns de euros. Tamén se compran máis de 46 millóns de luvas e 1,3 millóns de batas, entre outro material.

Ademais, vanse a dedicar uns 143.000 euros a material e fármacos na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta