O Sergas anuncia novos contratos de sanitarios para facer fronte as cirurxías atrasadas

Retomará a súa "actividade normal" nuns días tras a acumulación das listas de agarda

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/06/2020 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou este sábado, 20 de xuño, a reactivación dos servizos sanitarios en Galicia, que entran na cuarta fase do período de desescalada.

Almuiña asegurou que se manterán os servizos de urxencias "con dobre circuíto" e os hospitais disporán de habitacións "preparadas" para pacientes Covid.

"A idea é que nuns días esteamos xa cunha actividade normal e tratar de incrementala durante este tempo", dixo Vázquez Almuiña, que afirmou que se realizarán "máis contratacións" para "ter maior actividade no verán, especialmente a cirúrxica".

Enfermeira prepara a sala de exploración de urxencias / ARIADNA CREUS E ÀNGEL GARCÍA/BANC IMATGES INFERMER
Enfermeira prepara a sala de exploración de urxencias / ARIADNA CREUS E ÀNGEL GARCÍA/BANC IMATGES INFERMER

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta