Arrincan de novo os traballos do informe para a declaración da Casa Cornide como Ben de Interese Cultural

As primeiras conclusións do experto apuntan que a Casa Cornide "debería estar xa declarada BIC".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2020 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

Esta semana arrincaron de novo os traballos para a elaboración do informe que solicitará a declaración da Casa Cornide, na Coruña, como Ben de Interese Cultural (BIC).

Este inmoble, situado no centro histórico da cidade herculina, pertence ao patrimonio dos herdeiros do ditador Francisco Franco, aínda que o consistorio coruñés traballa para a súa devolución ao patrimonio público, obxectivo marcado polo Consello da Memoria Democrática.

O propio goberno coruñés informa nun comunicado emitido este sábado que a empresa Tomos, encargada de elaborar o citado informe, retomou esta semana as súas tarefas, suspendidas pola pandemia de coronavirus.

Así, na mañá deste sábado realizaron un rexistro fotgramétrico do inmoble, para o que empregaron un elevador. A investigación está liderada pola historiador da arte Vigo Trasancos, que será o encargado de elaborar o informe final para pedir a Patrimonio a declaración como BIC da Casa Cornide.

As primeiras conclusións do experto apuntan que a Casa Cornide "debería estar xa declarada BIC" ao ser considerada unha "estrutura única" con "valores artísticos" que acreditan esta distinción que depende da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta.

Exterior da Casa Cornide durante os traballos para elaborar o informe que pedirá a súa declaración como BIC. ANDY PEREZ (CONCELLO DA CORUÑA)
Exterior da Casa Cornide durante os traballos para elaborar o informe que pedirá a súa declaración como BIC. ANDY PEREZ (CONCELLO DA CORUÑA) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta