Primeiro gran rebrote de coronavirus en Galicia

Hai, polo menos, nove casos confirmados en Ribeira e A Pobra. A Xunta xa tiña constancia de positivos desde o pasado venres.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 21/06/2020 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

O xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), Antonio Fernandez Campa, anunciou un rebrote de Covid-19 en Galicia. Trátase, polo momento, de 9 casos, 8 deles en Ribeira e outro na Pobra.

De feito, a consellería tiña xa constancia de positivos a última hora do venres. O propio conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, dicía este sábado alertaba das posibilidades de contaxio coa xente que estaba volvendo de países de América e África.

Segundo apunta Antonio Fernández Campa, o primeiro resultado positivo produciuse o pasado venres. Realizáronse outras 15 probas de contactos, todas con resultado negativo. Sospéitase que a orixe deste brote familiar é o dunha persoa que estivo de viaxe en Brasil e regresou a través de Lisboa, despois do cal puido contaxiar á súa filla.

Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez  Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez
Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez

Este home deu negativo na PCR --á que se someteu, como a súa filla, o venres, aínda que non presentaba síntomas--, pero fíxoselle posteriormente unha proba serolóxica que mostrou a presenza de anticorpos IgG, o que indica que a súa infección está xa "resolta". O primeiro caso detectado, segundo Fernández-Campa, foi o da filla do home, que tiña síntomas leves e deu positivo á proba PCR o venres. Este sábado rexistráronse outros dous positivos relacionados con este foco e hoxe coñecéronse os casos restantes, concretou.

VÍNCULOS FAMILIARES E DE AMIZADE

Todos os infectados son familiares da persoa que se sospeita que é a orixe ou amigos deste e outros achegados destes amigos, sinalou o responsable do Sergas, que engadiu que cre que os contaxios de produciron polo contacto estreito habitual entre familiares e por algunha relación laboral, non por unha reunión concreta.

Ningún dos afectados necesitou hospitalización. Todos presentan síntomas leves e permanecen en illamento nos seus domicilios, mentres que os contactos máis estreitos, incluídos os 15 que deron negativo, están en corentena --que durará 14 días-- e baixo vixilancia diaria, por se desenvolven síntomas e é necesario facerlles a proba, agregou o xerente do Sergas.

SEGUE O RASTREXO DE CONTACTOS

Unha vez que as autoridades sanitarias galegas tiveron constancia do primeiro positivo, relatou Fernández-Campa, realizáronse enquisas e un estudo para determinar a rede de contactos. Dado que este mesmo domingo recibiron novas confirmacións, seguen as tarefas para trazar os posibles contactos.

Este brote, agregou, xera "preocupación" e as autoridades sanitarias estarán "atentas" á súa evolución, indicou o alto cargo, que destacou que o sistema de rastrexo "parece funcionar" e permitiu buscar contactos e realizar probas nun prazo "moi curto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Chup a ama

Está claro que non vai haber eleccións. Estase multiplicando cada día e dentro de dúas semanas xa será unha explosión outra vez... A crúa realidade dos descerebrados.

2 galeguiña

home , falar dun gran rebote por mor de nove casos semella esaxerado; perdón quería dicir tendencioso. E seguen as novas relacionadas coa saúde para desgastar a Feijóo, Pero parece que o resultado desta campaña non terá consecuencia algunha. Imos pola cuarta maioría absoluta. Só a unión da gandalla política fará presidente a un dos perdedores.

1 cangansseiro

O Brasil do presidente Bolsas, xa sobrepasa os 50.000 mortos... e que claro ha que elexir entre economía e saude publica e claro... alguns sacrificaron a saude cidada pretendendo salvar a economía e ademáis de afundir a saude da xente remataron tamen por afundir a economía...

1 Kpital

Curioso, só pos o acento (nunca mellor dito) na enconomÍa, pero non na saÚde, en algÚns, en pÚblica, cidadÁ... cousa curiososa. Sen pretendelo, supoño, achégaste ao pensar de Bolsonaro.