O PPdeG volve evitar as súas siglas nunha campaña que arrincará nos Peares

"Galicia" é "a resposta" que Feijóo "deu a todas as preguntas que se fixo ao longo de toda a súa vida política", explica o secretario xeral do partido, Miguel Tellado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2020 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

'Galicia, Galicia, Galicia' é o lema elixido polo PPdeG para a campaña que desembocará nas urnas o próximo 12 de xullo. Unha campaña na que, unha vez máis, os populares decidiron primar 'Galicia' e 'Feijóo' por encima das siglas e que, tras unha dobre pegada de carteis en Vigo e A Coruña, o candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, arrincará na súa localidade natal, Os Peares.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, presentou este luns o modelo de campaña e o "predicible" lema de 'Galicia, Galicia, Galicia'. O paso chega un día despois de que Feijóo, ante o seu xefe de filas no PP, Pablo Casado, proclamase de forma solemne que só pensa en Galicia, coa que se comprometeu para os próximos catro anos se logra un cuarto mandato tras o 12-X.

"Resume a filosofía de toda a carreira política do noso candidato", explicou Tellado, quen engadiu que "Galicia" é "a resposta" que Feijóo deu "a todas as preguntas que se fixo ao longo de toda a súa vida política" e "Galicia, Galicia, Galicia" a cita coa que leva "anos" pechando as súas intervencións.

Preguntado pola súa aposta por 'Galicia' e tamén por 'feijóo 20' --co número dentro dun mapa da Comunidade-- como iconas dunha cartelaría na que as siglas do PP figuran ou ben en segundo plano ou con tamaño reducido, Tellado respondeu que "non hai un só galego que non saiba a que partido pertence Feijóo". "Primamos Galicia por encima das siglas porque é o compromiso do PPdeG", apostilou.

Así, insistiu en que a cartelaría para os comicios galegos o único que fan é "explicitar" que, para os populares, "o compromiso principal e prioritario" é coa Comunidade e "logo está todo o demais". "Sempre que houbo que elixir, sempre eliximos Galicia antes que as siglas, que a ideoloxía e que calquera outro compromiso", engadiu.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, presenta a imaxe gráfica da campaña dos populares galegos.. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, presenta a imaxe gráfica da campaña dos populares galegos.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta