Constituído o comité científico que avaliará a acreditación dos campus de especialización

Estes avaliadores arrincan os traballos de análises ás que se someterán as institucións académicas galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2020 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

Un total de sete expertos, externos ás universidades galegas, serán os encargados de avaliar o proceso de acreditación dos Campus de Especialización. O comité científico quedou constituído este luns nun encontro telemático, presidido pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar.

Estes avaliadores, de recoñecida traxectoria no ámbito da estratexia universitaria, arrincarán os traballos de análises e supervisión das propostas ás que se someterán as institucións académicas galegas para dotar os seus campus dunha identidade propia e en relación coas necesidades da zona na que enmarcan.

O Programa de Especialización dos Campus do SUG iniciouse xa no ano 2013 para promover a diferenciación das universidades, e en particular dos diferentes campus, en función da contorna socioeconómica. En concreto, trátase de procesos abertos aos que cada universidade se pode presentar cando considere oportuno e que culminarán coa firma dun convenio, con dotación orzamentaria, en función da proposta realizada e a avaliación realizada polo comité de expertos.

O Campus Industrial en Ferrol, o Campus Terra en Lugo ou o Campus Auga de Ourense, son algúns dos oito proxectos desenvolvidos con distinto grao de evolución ao amparo deste programa.

COMPOSICIÓN

O comité estará composto por Clara Eugenia García, conselleira de Ciencia e Innovación e representante permanente de España ante a UE; José García Montalvo, Catedrático de Economía da Universidade Pompeu Fabra, e investigador ICREA-Academia, entre outras; Francisco Gracia, catedrático de Bioloxía Celular da Universidade de Córdoba; Vitoria Ley Vega de Seoane, doutora en Bioquímia e Bioloxía Molecular, e responsable da división de Avaliación, Coordinación e Seguimento Científico e Técnico da Axencia Estatal de Investigación (AEI).

Tamén Juan Ignacio Pérez, catedrático de Fisioloxía na Universidade do País Vasco e director da Cátedra de Cultura Científica; Enric Banda i Tarradellas, director de Ciencia, Investigación e Medio Ambiente da Fundación "La Caixa"; e Salvador Carmona, reitor do IE University.

A conselleira Carmen Pomar nun encontro telemático. XOÁN CRESPO
A conselleira Carmen Pomar nun encontro telemático. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta