Temas: R XACOBEO

R súmase aos patrocinadores do Xacobeo 2021

A empresa comprométese ata o próximo 2022 a divulgar e apoiar a celebración a través de soportes ou espazos da súa titularidade.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/06/2020 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

A Xunta sumou un novo apoio ao Xacobeo 2021 tras pechar coa empresa R un acordo de patrocinio para accións de apoio, difusión e promoción desta celebración. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o director corporativo de Empresas de R e do Grupo Euskaltel, Isidro Fernández, asinaron este luns o acordo na sede do operador galego, na cidade da Coruña.

Segundo explicou a Consellería de Cultura e Turismo, en virtude deste pacto, a empresa comprométese ata o próximo 2022 a divulgar e apoiar a celebración a través de soportes ou espazos da súa titularidade.

Pola súa banda, o Goberno galego incluirá R como un dos patrocinadores oficiais desta celebración nas actividades deportivas, lúdicas e musicais vinculadas ao Ano Santo.

O conselleiro de Cultura e Turismo destacou a importancia de sumar unha firma como R, con "un importante prestixio e unha sólida traxectoria", á lista de empresas comprometidas co Xacobeo 2021 grazas ao sistema de patrocinios ligados a este evento.

Do mesmo xeito, sinalou que se trata dun dos primeiros acordos asinados tras a crise sanitaria, o que demostra o crecente interese da iniciativa privada á hora de apoiar este evento.

Neste sentido, destacou a importancia de potenciar a colaboración público-privada á hora de impulsar un evento desta magnitude, que debe exercer como un dos alicerces da reactivación de toda a economía galega, especialmente tras o impacto ocasionado por mor da COVID-19.

Pola súa banda, Isidro Fernández de la Calle sinalou que con este patrocinio, en R ratifican o seu compromiso permanente con Galicia e coa administración galega para desenvolver accións que poñan en valor o acervo cultural e social da terra. Nesta ocasión, o Camiño de Santiago, primeira e principal ruta espiritual e cultural de Occidente e Patrimonio da Humanidade.

"Grazas á sociedade galega e á confianza das nosas clientas e clientes podemos achegar valor a Galicia colaborando agora no desenvolvemento e divulgación das actividades do Xacobeo 2021 a través da Xunta", apuntou.

Precisamente, co obxectivo de favorecer a dinamización do tecido empresarial e impulsar o próximo Ano Santo, a Xunta solicitou ao Goberno central que se poidan estender a 2022 as desgravacións fiscais ligadas a esta celebración a través do sistema de patrocinios.

Temas: R XACOBEO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tino

Menos mal que ca suba repentina que fixeron hai meses dinme de baixa. O chiringuito do narcopresidente que o pague a Igrexa e a casa real.