Allariz activa servizos para o verán

As piscinas municipais e o Cámping Hípica Os Invernadeiros abriron xa as súas portas con controis de aforo e rigorosas medidas sanitarias.

Por X.M. Fernández | Allariz | 23/06/2020 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

As instalacións exteriores da Piscina Municipal abriron o 22 de xuño e contan cunha piscina grande e outro vaso máis pequeno. Os usuarios accederán por quendas e non poderán superar o aforo de 30 persoas na grande e de 13 na pequena.

Camping Hípica Os Invernadeiros. Foto: C. Allariz
Camping Hípica Os Invernadeiros. Foto: C. Allariz

Os usuarios do ximnasio e da piscina climatizada continuarán accedendo as instalacións con cita previa. Os aforos na piscina climatizada serán de 12 persoas por quenda, e nas salas de cardio e musculación de 6 persoas por quenda e sala. Para pedir a cita deberán chamar ao 988 442 083.

O horario das instalacións será das 9:00 ás 21:00 h. de luns á venres e da piscina exterior das 12:00 ás 21:00 h. A fin de semana e os días festivos a piscina exterior estará aberta de 12:00 a 20:00 h.

O cámping Hípica Os Invernadeiros tamén abriu as súas portas xa a pasada semana e fíxoo con todas as medidas de seguridade e cun plan de continxencia especifico contra a covid-19.

Está situado nas beiras do río Arnoia e conta cunha pequena zona de recreo infantil, parcelas, bungalós e unha ampla cafetería con dúas terrazas exteriores. A maiores, outro dos seus grandes atractivos é que teñen instalacións de hípica con cursos para distintos niveis e a posibilidade de poder dar cos pequenos un paseo en poni. As instalacións están xestionadas por Reatur (Información e reservas / 988 442006 ou en reatur@allariz.com).

MEDIDAS SANITARIAS

A atención ao público realizarase con todas as medidas de protección que inclúe o protocolo para cámpings tales coma disposición de dispensadores de xel hidroalcólico, redución de aforos, reforzo da desinfección e limpeza diaria. Durante a súa estancia os clientes deberán ser informados das medidas do plan de continxencia que lles afecten directamente e deban aplicar.

Cóntase con cartelería informativa coas medidas preventivas implantadas e as pautas a seguir polos clientes. Asignaranse as parcelas e elementos de aluguer (tales coma Bungalós) priorizando sempre aquelas que non estiveron ocupadas nas 48 horas anteriores á chegada do novo cliente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta